Inicio -> Notificacións electrónicas

Notificacións electrónicas

 I) Notificacións:

  1. Modalidade de notificación:

            A notificación aos interesados das resolucións e actos administrativos que afecten aos seus dereitos e intereses pode facerse en dúas modalidades:

a) Notificación en papel.
b) Notificación electrónica.
a) Notificación en papel: nesta modalidade, a notificación enviarase en papel ao domicilio do interesado mediante correo certificado con acuse de recibo ou mediante outro medio que permita ter constancia da recepción da notificación.

            Advírtese que en caso de que o interesado rexeite a notificación, de conformidade co establecido no artigo 41.4 da LPAC, se terá por realizado o trámite e se continuará o procedemento

 Sen prexuízo do anterior, e de conformidade co establecido no artigo 42.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC), sempre que a Deputación envíe unha notificación en papel, se realizará adicionalmente unha notificación electrónica, á que o interesado poderá acceder voluntariamente comparecendo na sede electrónica da Deputación.

b) Notificación electrónica: nesta modalidade, a Deputación porá a disposición do interesado, na súa sede electrónica, o documento electrónico da notificación, a cuxo contido poderá acceder a través da sede previa a súa identificación. A identificación do interesado deberá realizarse mediante DNI electrónico ou certificado dixital recoñecido, ou mediante o sistema Cl@ve

 

Simultaneamente á posta a disposición, a Deputación enviará un aviso á dirección de correo electrónico do interesado que este teña comunicado, informándolle de que a notificación está dispoñible na sede.

            O interesado disporá dun prazo de dez días naturais dende a data de posta a disposición para acceder á sede electrónica (para o que deberá identificarse mediante DNI electrónico ou certificado dixital recoñecido, ou mediante o sistema Cl@ve). Dende a sede electrónica, o interesado poderá aceptar e ver a notificación (cuxo contido íntegro poderá descargar e gardar no dispositivo electrónico co que acceda á sede) ou ben rexeitala.

            Advírtese que en caso de que o interesado rexeite a notificación, de conformidade co establecido no artigo 41.4 da LPAC, se terá por realizado o trámite e se continuará o procedemento.

            No caso de que non se acceda ao contido da notificación no prazo de dez días naturais dende a posta a disposición, a notificación entenderase rexeitada, e, por tanto, validamente realizada.

¿Que modalidade de notificación empregará a Deputación para notificarme os actos que me afecten?

            Cabe distinguir dous supostos: que o interesado sexa un suxeito obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración Pública, ou que non o sexa.

I) Suxeitos obrigados a relacionarse electronicamente coa Deputación:

            De conformidade co artigo 14.2 da LPAC, están obrigados a relacionarse electronicamente coa Deputación (e, polo tanto, a recibir notificacións en forma electrónica) os seguintes suxeitos:

a) As persoas xurídicas
b) As entidades sen personalidade xurídica (tales como comunidades de bens, comunidades de herdeiros ou montes veciñais en man común).
c) Os profesionais aos que se esixa estar colexiados, para os trámites que realicen no exercicio da súa actividade profesional.
d) Os empregados públicos da Deputación, para os trámites e actuacións que realicen pola súa condición, nos termos que se determinen regulamentariamente.
e) Os representantes de calquera dos anteriores suxeitos.
 II. Suxeitos non obrigados a relacionarse electronicamente coa Deputación:

            Son suxeitos non obrigados as persoas físicas que non estean incluídas nos apartados c), d) e e) do punto anterior.

             Tendo en conta o anterior, as modalidades de notificación que utilizará a Deputación serán as seguintes:

            No caso de suxeitos obrigados a relacionarse electronicamente coa Deputación: enviaráselles, única e exclusivamente, unha notificación electrónica.

            No caso de suxeitos non obrigados a relacionarse electronicamente coa Deputación: enviaráselles unha notificación en papel e, ademais, unha notificación electrónica. A efectos de tramitación, considerarase realizada a notificación dende o momento en que este se reciba en calquera das dúas modalidades (deste xeito, se o interesado accede ao contido da notificación na sede electrónica, considerarase efectuada a notificación dende ese momento).

 

3º) Son un suxeito obrigado a relacionarme electronicamente coa Deputación: ¿que teño que facer para recibir notificacións electrónicas?

No caso dos suxeitos obrigados, recoméndase que procedan a subscribirse ao servizo de notificacións electrónicas da Deputación, no seguinte enlace:

consentimento para a suscripción ou baixa de Notificaciones electrónicas

Non obstante o anterior, a falla de subscrición ao servizo de notificacións electrónicas non impedirá que este sexa o medio exclusivo utilizado pola Deputación para facerlle as notificacións, para o que se procederá do seguinte xeito:

a) En procedementos iniciados a instancia de parte: no caso de que na solicitude non indicase unha dirección de correo electrónico na que realizarlle o aviso de notificación, requiriráselle por escrito e en papel a súa comunicación nun prazo de dez días hábiles. Advírtese que en caso de non facer esta comunicación, a Deputación practicará igualmente a notificación electrónica na sede, sen o aviso de notificación, sendo a notificación válida e eficaz igualmente se non accede a ela no prazo de dez días naturais dende a posta a disposición.
b) En procedementos iniciados de oficio pola propia Deputación: requiriráselle por escrito e en papel, por unha soa vez, para que comunique á Deputación, no prazo de dez días hábiles, unha dirección de correo electrónico na que realizarlle o aviso de notificación. Advírtese que en caso de non facer esta comunicación, a Deputación practicará igualmente a notificación electrónica na sede, sen o aviso de notificación, sendo a notificación válida e eficaz igualmente se non accede a ela no prazo de dez días naturais dende a posta a disposición.

4º) Non son un suxeito obrigado a relacionarme electronicamente coa Deputación, pero quero que recibir as miñas notificacións electronicamente: ¿qué teño que facer?

Con carácter xeral, pode subscribirse ao servizo de notificacións electrónicas da Deputación, no seguinte enlace:

consentimento para a suscripción ou baixa de Notificaciones electrónicas

A subscrición poderá realizarse para todos ou algúns dos procedementos tramitados pola Deputación, á súa elección.

Poderá darse de baixa no servizo en pasar a recibir as súas notificacións en papel en calquera momento.

Sen prexuízo do anterior, e aínda no caso de que non estea subscrito ao servizo de notificacións electrónicas, notificaránselle electronicamente os actos correspondentes aos procedementos nos que conste que desexa recibir as notificacións deste xeito, por telo manifestado así en calquera documento obrante no expediente de que se trate e que non fose revogado por outro documento posterior

Acceso a su buzón de notificaciones

 

13 de Abril del 2018