Inicio -> Aviso Legal

Aviso Legal


1º.- ACEPTACIÓN E CONDICIÓNS DE USO


O uso ou acceso a este sitio Web implica o coñecemento e plena aceptación das condicións que a continuación se especifican, así como a propia Ordenanza de Administración Electrónica que regula o seu funcionamento. A utilización dos contidos da Sede Electrónica con fins contrarios á Lei será perseguida e posta en coñecemento da autoridade xudicial competente.



2º.- IDENTIFICACIÓN


A Sede Electrónica titularidade da Deputación de Ourense encóntrase situada na dirección electrónica https://sede.depourense.es. A responsabilidade da súa xestión, así como da integridade, veracidade e actualización dos contidos postos a disposición dos cidadáns na Sede Electrónica, corresponde aos órganos administrativos que teñan atribuída a devandita competencia como propia pola lexislación vixente que resulte de aplicación.



3º.- CLAÚSULA DE EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADE


A Sede Electrónica da Deputación de Ourense pode conter enlaces ou vínculos á sede electrónica ou portais doutras Administracións Públicas. A súa titularidade non corresponde á Deputación Provincial e, polo tanto, esta non é responsable da súa integridade, veracidade, actualización dos seus contidos ou das posibles consecuencias que poidan derivarse do acceso ou uso destas.



4.- DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL


Esta sede electrónica e todos os seus contidos, incluíndo os textos, imaxes, códigos e calquera outro material, son propiedade da Deputación Provincial de Ourense ou de terceiros que autorizaron o seu uso. A utilización da sede atribúe a condición de usuario a toda persoa que acceda a esta e implica a aceptación sen reservas das presentes condicións xerais.

A información e elementos divulgados a través destas páxinas encóntranse protexidos polas leis españolas e internacionais sobre Propiedade Industrial e Intelectual, de tal forma que se prohibe a súa reprodución, distribución e comunicación pública sen a autorización expresa da Deputación Provincial de Ourense.