Inicio -> Sobre a Sede -> Ordenanza de Administración electrónica

Ordenanza de Administración Electrónica

A presente Ordenanza ten por obxecto establecer a regulación do dereito dos cidadáns a relacionarse coas Administracións Públicas por medios electrónicos, que se consagra na Lei 11/2007 do 22 de xuño e establece a utilización das tecnoloxías da información na actividade administrativa, nas relacións dos cidadáns coas Administracións Públicas co fin de facer posible a consecución máis eficaz dos principios de transparencia administrativa, proximidade e servizo á cidadanía consagrada na Constitución.

Coa publicación definitiva no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e a exposición pública correspondente, entrou en vigor a Ordenanza de Administración Electrónica da Deputación Provincial de Ourense, que foi aprobada inicialmente polo Pleno do 30 de outubro de 2009.

Data de publicación:  29 do Decembro do 2009

Entrada en vigor:  1 do Xaneiro do 2010