Inicio -> Servizos Persoais -> Factura Electrónica

Factura electrónica

En virtude da Lei 25/2013 do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público e o acordado pola Deputación de Ourense, establécese que a partir do 15 de xaneiro de 2015 é obrigatoria a facturación electrónica calquera que sexa o importe das facturas.

Para tal efecto, a Deputación de Ourense adheriuse FACe a través do cal se recibirán todas as facturas electrónicas.

FACE é o Punto Xeral de Entrada de Facturas da Administración Xeral do Estado. Permite a remisión de facturas en formato electrónico a aqueles organismos das administracións que acepten a recepción de facturas en formato electrónico e que estean previamente dados de alta no sistema.

A través dos seguintes enlaces poderá acceder aos seguintes servizos:

  • FACe - Presentación de facturas electrónicas
  • FACe - Consulta do estado das facturas presentadas
  • FACe - Directorio de unidades FACe (códigos de oficina contable, órgano xestor e unidade tramitadora da Deputación de Ourense)

Descarga de arquivos

Descargar archivo

Información sobre a Factura Electrónica da Deputación Provincial de Ourense
Tipo de archivo:  PDF   | Idioma: Galego