Inicio -> Protección de datos

Protección de datos de carácter persoal

A través da Sede Electrónica da Deputación de Ourense non se recollen datos persoais sen consentimento. Os datos achegados polo interesado utilizaranse, con carácter único e exclusivo, para os fins previstos no procedemento ou actuación que se trate.

En ningún caso os referidos datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros, salvo consentimento inequívoco do afectado, ou nos supostos previstos nos artigos 6.2 e 11.2 da lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal ( B.O.E. 14 de decembro de 1999).

En cumprimento do disposto na citada Lei Orgánica 15/1999, e do Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da devandita Lei Orgánica, o cedente dos datos poderá, en calquera momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición na forma que regulamentariamente se determine.

Esta política de privacidade é de aplicación ás páxinas da sede, non se garante nos accesos a través de enlaces con este sitio, nin aos enlaces dende este sitio con outras webs.

Segundo dispón o artigo 6.1 gr) do Real Decreto 1671/2009, do 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, inclúese un enlace coa sede electrónica da Axencia Española de Protección de Datos.


Acceso ao servizo: Agencia Española de Protección de Datos