Inicio -> Sobre a Sede -> Carta de servizos electrónicos

Data e hora oficial da Sede Electrónica

A data e hora oficial da Sede Electrónica é un dos requirimentos básicos para o rexistro electrónico de documentos, escritos e comunicacións que requiren o cómputo de prazos tanto aos cidadáns como para a Deputación.

Para calquera xestión, a data e hora da sede é a que terá validez legal e non a do equipo dende o cal se realice o trámite. O servizo que proporciona a data e hora oficial é ofrecido polo Real Observatorio da Armada e a Sede Electrónica está sincronizada con el.

Regulación legal

  • O artigo 26.1 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos sinala: "os rexistros electrónicos rexeranse efectos de cómputo dos prazos imputables tanto aos interesados coma ás Administracións Públicas pola data e hora oficial da sede electrónica de acceso, que deberá contar coas medidas de seguridade necesarias para garantir a súa integridade e figurar visible,".
  • O artigo 15.2 do Real Decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica sinala que a sincronización da data e a hora se realizará co Real Instituto e Observatorio da Armada, de conformidade co previsto sobre a hora legal no Real Decreto 1308/1992, do 23 de outubro