Inicio -> Sobre a Sede -> Carta de servizos electrónicos

Validación do Certificado da Sede Electrónica

Segundo establece o artigo 6.1 d) do Real Decreto 1671/2009, do 6 de novembro de 2009 polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, toda sede electrónica dispoñerá dun sistema de verificación dos certificados da sede, que estará accesible de forma directa e gratuíta.

Para iso, o Ministerio da Presidencia ofrece a plataforma REDE SARA, a través da cal poderá verificar a validez do certificado da Sede Electrónica da Deputación de Ourense, de forma directa e gratuíta.

Os certificados de sede teñen a utilidade de asegurar que as relacións dos cidadáns se realizan a través dunha canle segura e unha oficina pública recoñecida, que non permiten a intrusión malintencionada de terceiros.


Acceso ao servizo: VALIDe - Validación de certificados e sinaturas