Inicio -> Sobre a Sede -> Que é a Sede Electrónica

Qué é a Sede Electrónica

A Sede Electrónica é a dirección electrónica da Deputación de Ourense (https://sede.depourense.es) a través da cal a cidadanía e as empresas poden exercer o seu dereito de acceso á información, aos servizos e aos trámites electrónicos da nosa Deputación.

A Sede Electrónica é un espazo de relación co cidadán.

A Lei 11/2007, do 22 de xuño, de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos recoñece o dereito dos cidadáns a relacionarse coas administracións públicas por medios electrónicos para o exercicio dos dereitos previstos no artigo 35 da Lei 30/1992.

A Lei 11/2007 establece que a Sede Electrónica é aquela dirección electrónica dispoñible para os cidadáns a través de redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponde a unha Administración Pública, órgano ou entidade administrativa no exercicio das súas competencias. As sedes electrónicas dispoñerán de sistemas que permitan o establecemento de comunicacións seguras sempre que sexan necesarias.

O establecemento dunha sede electrónica leva consigo a responsabilidade do titular respecto da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos aos que poida accederse a través desta. Deberá garantir a identificación dos medios dispoñibles para a formulación de suxestións e queixas.

Cada Administración Pública determinará as condicións e instrumentos de creación das sedes electrónicas, con suxeición aos principios de publicidade oficial, responsabilidade, calidade, seguridade, dispoñibilidade, accesibilidade, neutralidade e interoperabilidade.

A publicación nas sedes electrónicas de informacións, servizos e transaccións respectará os principios de accesibilidade e usabilidade de acordo coas normas establecidas ao respecto, estándares abertos e, no seu caso, aqueles outros que sexan de uso xeneralizado polos cidadáns.

O establecemento das sedes electrónicas está considerado no artigo 10 da Lei 11/2007.

A sede electrónica entrará en funcionamento de xeito progresivo, conforme se vaia despregando o Plan de Administración Electrónica da Deputación de Ourense.

Para aclarar calquera dúbida sobre a Sede Electrónica da Deputación de Ourense pregámoslle póñase en contacto connosco a través do apartado incidencias do sistema ou chamando ao Departamento de Administración Electrónica 988 317 700.