Inicio -> Sobre a Sede -> Axuda da Sede -> Accesibilidade
A Sede Electrónica da Deputación de Ourense ten a vocación de converterse nunha canle de comunicación accesible e universal para todos os cidadáns.
Por este motivo utilizáronse nas súas construción as medidas e criterios que a continuación se expoñen e que facilitan que os usuarios obteñan coa menor dificultade posible a información e os servizos que poñemos á súa disposición.
Concepto de usabilidade web
Usabilidade significa colocar no centro do deseño e a estruturación de contidos as necesidades dos usuarios. Prentende que os usuarios leven a cabo as diferentes tarefas dispoñibles con eficacia, eficiencia, rapidez, facilidade e satisfacción
Para conseguir este obxectivo tivéronse en conta as opinións dos usuarios aos que se realizou test a usuarios reais con navegación no fogar.
Concepto de Accesibilidade Web
Consiste en facilitar o acceso á web ao maior número de usuarios posible, independentemente das súas características (capacidades/limitacións, hardware, software, comunicacións, etc).
Para iso a web traballouse tendo en conta os seguintes estandares:
O deseño realizouse baixo a recomendación do W3C sobre as Follas de Estilo en Fervenza (CSS). Se o navegador ou dispositivo de navegación non soporta follas de estilo, o contido da web segue sendo totalmente lexible grazas ao seu marcado estrutural. Para iso a web traballouse tendo en conta os seguintes estandares:
Este sitio web foi deseñado e programado seguindo as directrices da iniciativa WAI (Web Accessibility Initiative, www.w3.org/wai), que marca uns estándares internacionais na creación de contidos webs accesibles para todos. Para analizar a accesibilidade de Portal utilizouse o Test de Accesibilidade Web (TAW). O Portal cumpre a prioridade 2 (Nivel de accesibilidade Dobre A).
Resumo de Medidas adoptadas sobre usabilidade e accesibilidade
Como cambiar o tamaño do texto
Se desexa aumentar ou diminuír o tamaño da presentación, pode facelo:
Por último, só te recordar que a web está deseñada pensando nos teus intereses, por iso, se queres realizarnos algún comentario ou suxestión de mellora non dubides en facelo utilizando o formulario de suxestións e reclamacións. Entre todos poderemos construír a web que necesitas.